Unha velada de luxo para festexar os oito anos de vida dos Premios Mestre Mateo que outorga a Academia Galega do Audiovisual e que este ano celebrouse no Pazo da Cultura de Narón cos 25 anos da TVG como eixo conductor. E nunha gala presentada por Xosé Antón Touriñán e salpicada de alusións á actualidade galega en tono de humor, a gran protagonista foi ‘Celda 211’.
A película dirixida por Daniel Monzón e protagonizada polo lucense Luis Tosar foi a gran triunfadora da noite con 10 galardóns dos 15 aos que optaba. Foron para o filme o premio ao mellor largometraxe, montaxe, dirección de producción, son, deseño de vestiario e maquillaxe e perruquería. E, por suposto, o de mellor dirección para Daniel Monzón, que o agradeceu a través do móvil; mellor interpretación masculina protagonista para Luis Tosar; mellor actor de reparto para Luis Zahera e mellor guión para Jorge Guerricoechevarría e Monzón.
Só a serie ‘Matalobos‘ puido aproximarse ao éxito de ‘Celda 211’ con tres estatuillas por mellor realización, actriz de reparto (Camila Bossa) e mellor serie de televisión. Ademáis repartíronse outros 16 galardóns, entre o que destacou o Premio de Honra Fernando Rey ao realizador e director de fotografía Enrique Banet, moi vinculado á canle galega.