As Normas do Hábitad feitas polo goberno anterior xa marcaban importantes melloras para os galegos: tiñan que ter un mínimo de 40 metros cadrados, ser case toda exterior, estar ben aillada acústica e termicamente, optar por enerxías renovables e, sobre todo, ter as medidas esixidas para ser accesibles. Agora, o novo goberno da Xunta vén de modificar esta normativa para “resolver os conflictos que xeraba o anterior planteamento” e feita co consenso e apoio de promotores e constructores.
As principais diferencias será a posibilidade de construir lofts, a redución das dimensión mínimas do lavadeiro-tendal, a redución de 7 centímetros na altura das portas (queda en 2,03 centímetros) e 10 no dormitorio principal ou en calquera habitación dobre. Agora os armarios serán dun metro cadrado fronte aos 60 centímetros da normativa do bipartito e os desváns ademais de ser obrigatorios deberán ter un mínimo de catro metros.
Entre outras medidas, ademáis a nova normativa suprime as esixencias reguladas por plantexamento urbanístico, como a de composición arquitectónica ou orientación de vivenda, e evitará os longos trámites burocráticos no tema das rehabilitacións das vivendas.
A normativa
A normativa do Bipartito, que sustituía ao decreto de 1992, permitía estancias cunha superficie mínima de 6 metros cadrados se son sinxelas e de 10 se son dobres. Nos pasillos o ancho de 85 centímetros habitual ata o momento tería que ser sustituido por un no que cabera unha cadeira de rodas e debería ter espacio para acceder e xirar en ó menos un cuarto de baño da vivenda.
E, un dos aspectos máis importantes: hai que aproveitar a luz natural. Para iso só unha habitación poderá dar ao patio interior e nunca poderá ser a principal. O resto das habitacións deberán ser exteriores.