Cada día son máis os vigueses que se achegan ata Samil para disfrutar do Verbum-Casa das Palabras. Só no último ano aumentou case nun 20 por cen os seus visitantes, superando os 36.000 en 2009. E nese contexto, o museo chega ata o seu sétimo aniversario que celebrará con xornadas de portas abertas dende o 20 ata o 25 de abril, ademais de con espectáculos teatrais e obradoiros para todos os públicos.
A artista galega Ana Carril será a encargada de por en marcha un espectáculo teatral inspirado nos contidos do museo os vindeiros 23 (18 h), 24 (12 e 18 h) e 25 (12 e 18 h) de abril. E para os máis pequenos, o 25 de abril (19:30 h) será a quenda do obradoiro Os Narigudos, un espectáculo contado con monicreques e música en directo.
Ademais, os días 23 e 24 acollerá o XV Congreso de Ponte nas Ondas, coa que se busca potenciar o patrimonio inmaterial da Eurorrexión e na que participarán firguras como Manuel Campo Vidal. E o 23 ás 21 horas chega o Oneohtrix Point Never ao museo, unha actuación dentro do Festival Sinsal que será o único polo que haberá que pagar estes días (7 euros).