Vigo al minuto

Máis apoios para a manifestación convocada para hoxe pola plantilla do Hospital da Cruz Vermella

Hospital Cruz Vermella Vigo/Tresyuno ComunicaciónA Federación Veciñal e Comisións Obreiras amosaron o seu apoio á manifestación convocada para hoxe (20 h. Vía Norte) polos traballadores do Hospital da Cruz Vermella. Os veciños fixerron un chamamento os vigueses para que acudan á mesma e sinalaron que o debandito centro “é imprescindible para Vigo e a súa área de influencia”.

Tanto a FAVEC coma CCOO aseguran en sendas notas de prensa que a cidade non pode perder esta infraestructura “que presta unha atención profesionalizada a persoas que tan específicamente o necesitan e todos os veciños deben loitar por mantela e mellorarla”.

A asociación de veciños piden unha implicación da todas as administracións para que o Hospital non se peche e o sindicato sinala que o devandito peche “incríbese dentro do afán privatizador desta conselleira de Sanidade que o que persegue e dar cartos ás empresas privadas a costa de deixar na rúa a traballadores eficientes e que o demostraron con moitos anos de servizo”.

Mañá, o comité do CHUVI

A esta manifestación seguirá, mañ.a, día 22 unha concentración (12 h.) dos delegados do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) diante da delegación do Sergas, en García Barbón, coma protesta pola “non convocatoria dunha reunión solicitada pola mesma á conselleira de Sanidade”. Ás 8 do serán, os traballadores manifestáronse dende o Xeral el defensa dunha ‘Sanidade Pública e de Calidade’, movilización ao esta mañán deu o seu apoio o tenente de alcalde e os responsables comarcais do BNG.

 

También te puede interesar