_agenda Agenda

Toma e daca de libros no medio da praza en Tui

Non hai mellor modo de festexar o Día do Libro que unha novidosa iniciativa da Biblioteca Municipal e das bibliotecas escolares para pasar unha boa xornada literaria ao aire libre. A praza de San Fernando, diante do pórtico da catedral de Tui, encherase de libros usados e vellos que a xente irá depositando a cambio de poder levarse outros que sesan do seu interese.

Baixo o título ‘Ágora, os libros na praza’, de 09 a 20 horas os interesados poderán dar un paseo pola praza e buscar aquel libro que máis lle guste para adoptalo. Ao remate do día, os libros que fiquen aínda na praza serán entregados á Fundación Cumulum que os distribuirá nos centros culturais ou educativos que consideren axeitados.

Ao longo da mañá pasarán pola praza máis dun millar de alumnos dos centros educativos de Tui que realizarán recitais de música, poesía, lectura de textos. Pola tarde, a partir das 17:30 horas, haberá unha sesión de monicreques para os cativos a cargo de Mario Tomás, ‘A princesa do sal e outros contos de sempre’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.