Galicia

O 061 asistiu este fin de semana a 90 persoas implicadas en 68 accidentes de tráfico nos que houbo 3 mortos

Accidente TráficoUrxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 90 persoas debido a 68 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 23 de abril, ata as 23:59 horas do domingo, 25 de abril. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado con 30 accidentes.

81 chamadas en todo o fin de semana

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 81 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 68 asistencias sanitarias por parte do persoal do que atenderon a un total de 90 persoas.

A proporción de homes atendida foi do 62% e a de mulleres do 38%. Nas idades dos feridos, obsérvase que un 37% dos atendidos ten entre os 15 e os 24 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 32 sinistros durante os desprazamentos destas datas.

 

 

Provincia

 

Accidentes

 

A Coruña

 

22

 

Lugo

 

7

 

Ourense

 

7

 

Pontevedra

 

32

 

Galicia

 

65

 

 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 90. Así, as UVI móbiles mobilizáronse sete casos, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 70 accidentes; as concertadas en catro casos e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove sinistros.

 En 84 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, mentres que tres persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e tres faleceron no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar