Superar as cifras da edición anterior. Ese é o reto do Salón do Automóbil 2010 (1 ao 9 de Maio en IFEVI), que en 2009 acadou un volumen de negocio de 35 millóns de euros e nesta espera superar os 150.000 visitantes. O seu director, José Enrique Elvira, explicou que nesta edición participarán 36 firma automobilísticas: o Mercedes SLS AMG,que non aparecerá no mercado ata outono, será a estrela dun monográfico, que ocupará 25 metros cadrados de superficie. Por primeira vez estarán en Vigo novidades como o Alfa Romeo Giulietta, o Audi A8 ou o Toyota Rav 4. Tamén se presentará no mercado galego Infinitti, a marca de luxo de Nissan. Outro dos elementos singulares do certamen serán as facilidades de financiación que Caixanova, patrocinadora do salón, ofrecerá aos seus clientes que merquen un vehículo na feira.
Por segundo ano consecutivo Motorocasión compartirá protagonismo co Salón do Automóbil do 6 ao 9 de maio. Como actividades paralelas se celebrará o IV Racingshow Caixanova o 1 de maio con figuras como Timo Salonen, Miki Biasion e Armingo Araujo, tamén se mantén a concentración de Porsche e por primeira vez se montará unha pista de scalextric e un simulador de condución.