Será eléctrico e, nun primero intre, funcionará en período de probas seis meses. O tenente de alcalde, que presentou hoxe o proxecto, sinalou que parte do estudo de mobilidade do Casco Vello e as necesidades que nel se reflexan, pero tamén nas consideracións que figuran no Plan Especial de Protección do barrio. Segundo explicou, esta iniciativa supón a actuación nun ámbito no que os desprazamentos peonís se enfrontan a dificultades polas grandes pendentes que hai no barrio, que chegan ao 14%, e desniveis de case 60 metros.
Santiago Domínguez sinalou que se van iniciar os trámites de adxudicación do proxecto e a compra dos microbuses, que se fará efectiva cando esté operativo o capítulo de investimentos do orzamento municipal. Existe unha partida de 500.000 € para abordar a fase inicial do proxecto.
O tenente de alcalde expresou a súa confianza de que no último trimestre do ano poda comenzar o periodo de probas do servizo e a mediados de 2011 poda estar xa a pleno rendemento. Explicou que a experiencia piloto será de seis meses e neste periodo un microbús ofrecerá transporte gratuito para todos os usuarios e usuarias.
A frecuencia de paso será de 25 minutos, nun itinerario circular que percorrerá a Praza do Berbés, Real, Méndez Núñez, Poboadores, Elduayen, Abeleira Menéndez, Paseo de Granada, Ronda de Don Bosco, Doutor Cadaval, Porta do Sol, Praza da Constitución, Fermín Penzol, Marqués de Valladares, Praza de Compostela, García Olloqui, Cánovas del Castillo, Beiramar e Praza do Berbés. Domínguez salientou con este percorrido non só se da servizo ao Casco Vello senón tamén a unha ampla zona do centro, ao unirse á ruta as zonas comerciais da Ronda de Don Bosco e Progreso. Apuntou tamén que aínda que se establecerán paradas nuns puntos determinados, os usuarios poderán subir e baixar do microbús á demanda, segundo as súas necesidades.
Tras este periodo de proba, no que a xestión se levará a cabo polo Concello baixo a supervisión de Vitrasa, o servizo se ampliará a un total de catro microbuses, de xeito que a frecuencia estará entre os seis e os oito minutos. Xa nestes momentos nos que o servizo funcione na súa totalidade, a xestión pasará á rede de transporte público de Vitrasa.