Galicia

Galicia Bilingüe chega coa súa campaña aos colexios de Vigo

A asociación Galicia Bilingüe xa chegou aos colexios de Vigo coa súa campaña ‘Axúdache a elexir’, coa que están repartindo folletos á porta das escolas para “axudar ás familias galegas a decidir en que idioma estudiarán os escolares” cada unha das asinaturas e os bloques definidos pola Xunta para o vindeiro curso. Con este documento a entidade pretende visualizar as posibles diferenzas de vocabulario específico por cada materia en cada un dos idiomas.

Aínda que o folleto só debería de informar, ademáis de algunhas frases de tinte político inclúe tamén algunas recomendacións para os pais, como que teñan en conta a dificultade dos termos en Coñecemento do Medio, a dificultade de comprensión dos enunciados dos exercicios en Matermáticas e que é no colexio onde os rapaces aprenden un rexistro culto.

También te puede interesar