Galicia

Prohibido prender lume ata novo aviso

Nin fogueiras nin queimas controladas nin unhas brasas para facer churrasc0. A predicción meteorolóxica prevé fortes ventos do nordeste e, para evitar incidentes, a Xunta prohibe ata novo aviso prender calqueira lume preto dos montes galegos.

Unha medida preventiva que afecta tamén a todos aqueles que tiveran permiso previo da consellería de Medio Rural para facer unha queima controlada, xa que as condición climáticas son moi desfavorables.

É a segunda vez nun mes que a Xunta fai esta mesma prohibición despois de que a segunda fin de semana de abril houbera unha subida pouco habitual de temperaturas e un forte vento tamén de nordeste.

También te puede interesar