Comarcas

Maia pasea polo patrimonio de Tui

O Instituto Cultural de Maia, dependente da Cámara Municipal da localidade portuguesa de Maia, ten organizado unha visita de estudo de carácter cultural á nosa cidade. Un total de 40 alumnos que participan nas actividade educativas deste Instituto realizaron nesta mañá un percorrido polos principais elementos patrimoniais de Tui como cidade ponte entre Galicia e Portugal e como a histórica porta de entrada en Galicia do camiño portugués de peregrinación a Compostela.

Con esta visita ábrese unha porta a novos contactos tanto a nivel turístico como cultural. Durante a visita, os alumnos estiveron na Catedral de Tui apreciando os seus principais elementos artísticos. Logo visitarán as localidades de Valença, Caminha e a Igrexa de Santa María de Tomiño.

También te puede interesar