Chora que logo bebes é unha aldea pequena que se atopa ao lado da Fraga Branca, un parque de seres fantásticos rodeado por un muro tan, tan alto que ninguén osou atravesalo nunca. E o cativo Perello cre que é porque os da aldea teñen medo de aventurarse a loitar contra xigantes de cinco brazos ou dragóns de dúas cabezas. Malia prohibición da súa nai, un día decide saltar o muro e descubrir por el mesmo que hai de certo en todas as lendas sobre monstros que contan.
Artello-Teatro alla scala reestrea ‘A do libro’, un espectáculo de 60 minutos para todos os públicos renovado despois de ter realizado máis de 300 funcións nos certames máis prestixosos de España e Portugal. E esta tarde chegan a AVV Praza da Miñona ás 20:30 horas coa intención de cautivar a grandes e pequechos.