Para facer o Camiño de Santiago ou dispós de varios días seguidos ou participas no programa que acaba de pór en marcha o Concello de Vigo e co que se farán os 100 quilómetros da ruta portuguesa en cinco domingos. Un programa que pretende achegarse ao percorrido histórico do Camiño de Santiago desde o punto de vista ambiental, apreciando no seu trazado a riqueza natural do entorno polo que transcorre o sendeiro.
Se queres participar, ademáis de inscribirte no programa, é aconsellable que polo menos un mes antes adiquen tres ou catro días á semana a camiñar, probando a roupa e calzado que teñan previsto usar, cunha mochila co peso aproximado que se pense levar no Camiño.
Para inscribirte, entre o 3 e o 14 de maio, podes chamar ao 010 para facilitar os teus datos, ingresar os 38,85 euros que costará o transporte indicando no concepto ‘Camiño de Santiago’ e entregar unha copia do resgardo de ingreso bancario na concellería de Medio Ambiente.