
Unha colaboración máis alá das nosas fronteiras. O Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) axudará a Namibia a reforzar as capacidades do seu centro de investigación de información de recursos mariños e que contará coa financiación da Xunta e da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento. O obxectivo deste proxecto é aumentar a capacidade do centro de Namibia para investigar os recursos pesqueiros deste país e evaluar o estado da súa industria pesqueira. Deste xeito, a través deste proxecto de colaboración, o Cetmar potenciará a función do Natmirc como institución científica de apoio ao proceso de toma de decisións en Namibia en políticas de conservacións de stocks.