Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másTres días de festexos para celebrar o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Uxío Novoneyra, e que terá como colofón unha manifestación o vindeiro 17 de maio en Santiago para protestar polo difícil momento que vive o galego. Con actividades dirixidas a todos os públicos, as actividades arrancan o día 15 de maio coa proxección en galego da película ‘Gisaku’ (11 h) nos Yelmo Cineplex do Centro Comercial Travesía, unha iniciativa coa que resaltar que é precisamente o cinema un dos eidos no que o galego está ausente. Xa pola tarde haberá unha visita teatralizada no Casco Vello que percorrerá as principais rúas do barrio da man de persoeiros como Martín Códax, Rosalía de Castro ou Álvaro Cunqueiro.
O día 16 será a xornada central de actividades coa celebración da terceira Festa das Letras en Castrelos, onde se poderá visitar durante todo o día a exposición ‘O galego, tamén noutros mundos’, que amosará a presenza do galego noutros países. Ademáis, ás 12 horas inaugurarase o mural ‘Pegadas e fume’, farase unha foto de familia con todos os participantes no proxecto e asistirán a un recital poético a cargo de María do Carme Kruckenberg.
Un ano máis poderase participar no xantar e mercar as cestas das letras, que inclúen diversas bebidas e produtos típicos como lacón, queixo, chourizos, empanada e torta de améndoa. Como novidade, poderanse adquirir as cestas para 2 ou 4 persoas encargándoas chamando ao 986 810 235 polas mañás ata o 14 de maio a un prezo de entre 24 e 48 euros. A partires das 16 horas comezarán as actividades para os máis pequechos, como un obradoiro de cestería, un de xoguetes, xogos populares, unha ciclobiblioteca e unha actuación de monicreques (17 h).
Xa o propio día das Letras Galegas haberá un concerto homenaxe a Uxío Novoneyra no museo Verbum de Samil (20 h).