As entradas para poder acudir ás proxeccións de curtas nos galpóns do Festival de Cans voaron. Directamente. En apenas 45 minutos o público reservou todos os packs de entrada máis camiseta dispoñibles na web. Así que agora a única oportunidade de encontrar ‘butaca’ será o vindeiro venres.
Se queres aínda conseguir a túa entrada achégate ás 20 horas do vindeiro día 14 ao torreiro de Cans. O prezo da venta será de 7 euros e só poderás conseguir un máximo de dúas entradas por persoa por estricta orde de chegada.
Se non a consigues, non te preocupes, non é o fin do mundo xa que hai unha morea de actividades gratuitas. Todo o programa do mércores 19, xoves e venres será de entrada libre, igual que o do sábado pola mañá. Ademais, poderás disfrutar de balde de todos os concertos, incluido o de Coque Malla e Di Elas. Con entrada ou sen ela, en Cans valo pasar de medo.