Cúmprense 25 anos do rodaxe da primeira película en galego e, para festexalo, nada mellor que a proxección do documental ‘Mamasunción volve ao correo’, unha obra homenaxe a Chano Piñeiro que fala da reflexión do feito histórico que nos permite falar de cinema en galego. Será o vindeiro xoves, 13 de maio, ás 20 horas no Verbum.
A idea de realizar este documental xurdiu ao ver a homenaxe que lle fixo Ignacio Vilar a Chano Piñeiro con ‘Sempre Xonxa en Petín’. Dividido en cinco partes en función dos seus cinco protagonistas: a velliña Mamasunción, o bohemio, o carteiro, a aldea e o propio Chano.
Chano Piñeiro
O cineasta comezou a traballar nos anos setesta, pero foi con Mamasunción coa cinta coa que o director gañou multitude de premios e recoñecemento internacional. A curtametraxe está baseada nas lembranzas de Chano no seu pobo, Forcarei, e nel aborda os efectos dramáticos da emigración.