É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másVigo festexará o Día Internacional dos Museos por todo o alto. Con actividades entre o 18 e o 22 de maio, poranse en marcha actividades nos xacementos arqueolóxicos de O Castro e Toralla e nos museos do Verbum, Castrelos e Casa das Artes.
O programa comezará o día 18 no Castro con dúas teatralizacións de cómo vivían os habitantes do poboado castrezo hai 2.000 anos. Unha representación muda e un experimento único en Galicia, xa que se descoñece a lingua na que se expresaban os castrexos.
Xa ao día seguinte, o Verbum acollerá un concerto do programa Duplo R (20:30 h), no que se amosará a relación dunha tradición histórica como a regueifa e un movemento actual como o rap. O día 20, a iniciativa prevista será na Casa das Artes, na que se desenvolverá unha actividade vencellada ao Archivo Pacheco.
O día 21 o xacemento de Toralla será o escenario no que terá lugar un concerto de arpa a cargo de Lulavai (ás 22 horas). E, para rematar, o 22 de maio o pazo e os xardíns de Castrelos acollerán dúas visitas teatralizadas (17:30 e 20:30 horas) coa presenza da propia marquesa. Se tes humor, anímate e participa nesta última iniciativa vestido con roupa de época.
Actividades de balde que se sumarán ao día 18, no que non se pagará entrada en ningún dos museos da cidade.