O programa ‘Vigo a escea’ volve presentar dúas ofertas teatrais para público familiar e adulto. Os máis pequechos poderán disfrutar a partires das 18 horas na AVV CD de Lavadores de ‘A extrana viaxe’, unha obra representada por Títeres en Acción no que Marco e ‘a Voz’ amosará aos máis pequenos da casa algunhas claves da arte contemporánea a través de aventuras, cancións, sustos e risas. Uns 50 minutos no que coñecer a Picasso e as súas mozas de Avignon e a Van Gogh e os seus xirasois.
Para os adultos, Máscara Produccións levará outra proposta ao Centro Cívico de Teis a partires das 19 horas. Será con ‘Por diante… e por detrás’, un histérica compañía de teatro en medio dunha estrea e dunha xira. Hora e media de sardiñas, enredos sexuais e portas, moitas portas. Unha ollada ao mundo do teatro desde todos os puntos de vista. Unha comedia onde todo o mundo é pillado no acto.