Hoxe arranca na Ría de Vigo o Campionato Galego da clase Optimist, organizado polo Real Club Náutico, no que se prevé que participen unhas 130 embarcacións pertencentes a 25 clubes de toda Galicia. Se a chuvia da unha tregua, como anuncian os meteorologos, disputaranse 9 probas sobre un percorrido trapezoidal montado frente ao porto deportivo do Náutico.
A primeira etapa arrinca hoxe ás 14 horas, ainda que a competición continuará o domingo e o luns a partires das 11 horas. O gran favorito para levarse o cuberto galego é Javier Rodríguez Triana de las Cuevas, o representante do Real Club Náutico de Vigo, que se impuxo en case todas as probas disputadas esta tempada, aínda que con pouco vento pódeselle complicar as cousas.