O cineasta galego Lois Patiño recibiu o premio Filmotech en Documenta Madrid pola súa película documental ‘Recordando los rostros de la muerte’. Tal e como indicou nun comunicado, o premio, dotado con 3.000 euros, foille entregado onte pola noite nun acto en Madrid pola súa curtametraxe sobre “os últimos momentos de vida”.
Outros premiados foron a coprodución chileno-francesa ‘La quemadura’, a mexicana ‘Presunto culpable’, a lituana ‘UPE’ e a coprodución franco-arxentina ‘El gaucho’