Houbo un tempo no que a poesía deixou de ser o que era e estar onde se cría que estaba. Dos versos aos silencios, da linguaxe aos espazos baleiros, a poesía ocultábase en lugares cada vez máis remotos e incomprensibles. Alí onde non chegaba a razón situábase ela e non había forma de sacala á luz. Pero preparada para a resistencia, ata chegado o caso de que a escritura fose abolida, agora rexurde con ‘Poéticas para unha vida’. O programa traenos esta tarde dúas novas actuacións.
Ás 17 horas, Areta González, Noelia Fernández e Emilio Zörn levará a poesía en acción pola rúa do Príncipe. Xa ás 20 horas, o Verbum-Casa das Palabras acollerá inéditos libres con Marcos de la Fuente, Bea Romarty, Sociedad Psicogeográfica de Salamanca (Emilio Papel e Luis Somoza) e Penúltimo acto-Grupo de acción poética. Non o podes perder: a poesía coarase por cada recuncho da túa vida.