É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másEste non é o meu Robin…nen falla que lle fai
Está ben…non, está moi ben. O Robin Hood de Ridley Scott non é un mozo da nobreza que só pensa en devolverlle a Ricardo o trono de Inglaterra, en quiatrlle ao sheriff de Nothingham a faltriquera cos doblóns de ouro e en atinar coa frecha nun branco situado a 100 pes de distancia. Para nada. O tipo é un buscavidas, ao que as casualidades, e unhas inxustizas pertinaces levan a forajido, seica sen querer, ou querendo, pero non de xeito planificado.
O Robin que fai Rusell Crown, non é un tipo con perilla, vestido con leotardos verdes.., nada que ver co cabalero da pruma na gorra que vai tocando a flauta e saltando de árbore en árbore, é un tipo distinto, cun pasado, unha rapaza que non vai deixando caer o pano perfumado e unha idea da xustiza que pasa por un odio aos nobres que esprimen aos pobres…a todos os nobres, sen distinción entre marqueses, condes, lores ou príncipes.
Quen vaia ao cine esperando que apareza Erol Flynn ou, non, por favor, Kevin Costner, que se vaia sacando a cousa da cabeza. Este Robin lembra máis ao Wallace de Gibson, pero con menos sangue, máis acción, secuencias clásicas, ben montadas, ben dirixidas, e un guión ben estudado que entra nos actores, Cate Blanchett , Mark Strong, Willian Hurt, coma unha luba de pel.
Mención aparte merece Rusell Crown, o Robin máis vello da historia é tamén o máis creible. Crown, un tipo con moita mala leite e tanto corpo coma talento sabe transformarse como o fixera en L.A. Confidential ou ‘Unha mente maravillosa’. É solvente, ten oficio, non quere sairse do papel, non sobreactúa e iso faino creible, algo moi de agradecer.