É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másNon faltou ningúen do pobo e de arredores a despedir ao pequecho de 2 anos que o pasado sábado morría en Pazos de Borbén despois de ser atacado por un can propiedade da familia. Desconsolados, os familiares do neno oficiaron unha misa na igrexa de Moscosos, onde o rapaz foi enterrado esta mesma mañá.
Os feitos ocorreron o pasado sábado, cando o neno atopábase xunto con dous dos seus primos de 2 e 4 anos xogando na finca dos seus avós na parroquia de Os Mosteiros. O can, un pitbull, atacou ao rapaz, enganchouno polo pescozo e causoulle numerosas feridas en cara e espalda. O neno morreu pouco despois no Hospital Xeral de Vigo, a onde fora trasladado en helicóptero. E intres despois o avó penduraba ao can.
A Garda Civil investiga agora se se cumpría a normativa de animais perigosos e se o can estaba solto ou atado tras o cercado de madeira no que estaba.
Non todos os cans valen
Mentres, as asociacións de defensa dos animais lamentan o ocorrido en Pazos de Borbén e insisten unha vez máis en que a traxedia puido verse evitado e que é imprescindible adecuar as razas dos cans ás condicións das vivendas e ao tipo de familia.
As razas declaradas perigosas soen ser animais que necesitan máis espazo, que non poden estar moito tempo sen supervisión e cun sentido da propiedade moi desenvolto que pode levar a ver ao pequeno como un competidor. Cans de caza, galgos e pastores serían as mellores razas para estar con nenos.