Os dous candidatos a reitor son Salustiano Mato, catedrático de Zooloxía e director xeral de I+D+i de la Xunta nos anos de goberno da coalición PSdG-BNG, que é o cabeza de cartel de ‘Alternativa Universitaria‘, e Jaime Cabeza, catedrático de Dereito do Traballo, que vai por ‘Nova Universidade‘.
Ainda que non o pareza, ou que se pense que a Universidade é unha institución sería e seica aburrida, a realidade é que a campaña electoral foi intensa e non estivo libre de polémica; así Mato creou clube de fans en internet, ‘Euxtanomato’, copiando a frase de Belén Esteban, no que se penduraron vídeos sobre o candidato; nun deles unha suposta amante, interpretada por unha actriz, aseguraba que Mato dáballe moitas “satisfaccións”.
A candidatura de Cabeza foi menos comentada, ainda que o seu lema ‘+KBZA’ baseouse na que realizou Obama, salvando as distancias, presentando actuacións para os primeiros 100 días de mandato, entre elas unha redución dun 50% nos custos dos dirigentes da Universidade ou a implantación de ‘becas express,‘ para alumnos en dificultades económicas.
Hoxe, o peche de campaña
Cabeza, que foi o primero en dar os seus últimas mensaxes, asegurou que, ainda que as dúas candidaturas prometen un xiro total, unha, en referencia a Alternativa Universitaria, “é herdeira do pasado e outra non, que cada quén xulgue cal é original”.O catedrático de Dereito do Traballo pediu aos votantes que reflexionen “quén é máis transparente, máis eficiente, que grupo está a trabajar máis para que a Universidade sexa máis xusta e con máis perspectivas de contactar coa sociedade” .
Para aqueles que teñan dereito a voto, as mesas abrirán ás 10 h. e pecharánse as 21 h. do xoves o que fará posible que o nome do gañador, segundo as enquisas Mato leva unha lisera ventaxe, coñeceranse ao redor das 10 da noite.
Salustiano Mato salientou que a súa alternativa conta cun equipo potente, “mellor e con máis experiencia“, o profesor de Zooloxía indicou que “somos unha aposta crara para a Universidade, coma pon de manifesto a nosa mensaxe seria , profunda e chea de solucións“. Mato salientou que se gaña formará un equipo de goberno “24 horas“.