Galicia xa subíu os primeiros chanzos para saír da famosa crise. Durante o primeiro trimestre do ano, a economía galega creceu un 0,2 por cento, aínda que o Produto Interior Bruto (PIB) rexistroun un descenso do 1,7 por cento respecto ao mesmo periodo do ano anterior en volume e con datos correxidos de efectos estacionais e de calendario, segundo se desprende do informe publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística.
Tras 5 trimestres de caídas continuas, agora Galicia volve a medrar 0,4 puntos por riba do crecemento do trimestre anterior e unha décima por encima da media nacional. Aínda que non será grazas ao gastos das familias, que volta a baixar un 1,9 por cento, o que reduce en cinco décimas o descenso experimentado no derradeiro trimestre de 2009. O deterioro do mercado de traballo no último ano e medio é o principal causante na baixada de consumo nos fogares galegos. E as administracións públicas e institucións sen ánimo de lucro tamén reduciron un 1,6 por cento a súa taxa de gasto.
A vista posta nas exportacións
O menor contracción da demanda interna no resto de España e nos principais importadores de produto galego explican a recuperación de un 1,3 por cento nas exportacións logo de 5 trimestres consecutivos de fortes descensos. Nembargantes, as importacións descenderon un 0,2 por cento, o que supón unha mellora de 1,8 puntos con respeto á contración do trimestre anterior.
Por actividade, os servizos non de mercado son os únicos que acadan taxas de crecemento positivas (0,4%), mentres que no resto de actividades preséntanse descensos importantes, sobre todo na construción (-13,5%)e na industria (-7,8%). Por situación profesional, o empregado asalariado a tempo completo disminuíu un 4,4 por cento, o que supoñen 40.278 postos de traballo menos que fai un ano.
Previsións
As expectativas de futuro son boas para Galicia. O consumo debería mellorar no segundo trimestre do ano tendo en conta que todas as previsións falan dunha menor caída do emprego, dun aumento das ventas no comercio ao por menor, do positivo impacto económico do Xacobeo e do aumento das exportacións.