É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másMonólogos, música e maxia na Gala do Deporte da Universidade de Vigo
A festa para recoñecer os éxitos deportivos do ano e aos mellores alumnos e deportistas da Universidade de Vigo xa está a piques de chegar. A Gala do Deporte será este venres 21 de maio (19 h) no campus de Ourense e terá dous participantes de luxo, o actor ourensán Sergio Paxos e a actriz e filóloga Débora Vukusic. A gala promete convertirse nunha xornada lúdica con monólogos, actuacións musicais de Perkuka, espectáculos de maxia co Mago Teto e o sorteo de un bo número de agasallos. E presentarase en primicia o vídeo que se grabou nas instalacións deportivas dos tres campus para promocionar o deporte, no que participaron varios universitarios e usuarios.
Durante o evento darase o Premio á Excelencia Deportiva co que se pretende recoñecer aos alumnos cos mellores resultados académicos e deportivos, instaurada o ano pasado e para a que están nominados 6 universitarios. Ademais, Joaquín Dosil e Miguel Martínez recibirán unha mención especial pola súa destacada traxectoria profesional e deportiva.