Se aínda sobrevives á voráxine de cine, estreos, alfombras vermellas e moito glamour do rural, hoxe toca rematar a troula cunha xornada maratoniana que comeza polos montes de Cans e que rematará tomando a última xunto con Rober Bodegas e a súa sesión Disco-Chimpín.
Para os que lle gusta a natureza e teñen ganas de madrugar, ás 09:30 horas o Festival de Cans ten programada a súa primeira actividade da última xornada. E será unha caminata de dúas horas facendo sendeirismo pola Ruta dos Molinos, remontando o río de Cans cara Couso, onde está o límite entre O Porriño e Ponteareas. A ruta pasa por 18 muiños, uns recén restaurados, outros a piques de caer, pola antiga boca do túnel do tranvía e outros espacios de contido emotivo para a parroquia, ademáis de por unhas paisaxes espectaculares. Xa lle gustaría ao festival de Cannes.
Despois de dous ou tres cafés, ás 12 haberá coloquio na leira e ás 13 horas o actor Ernesto Chao deixará a súa pegada no Torreiro das Estrelas e sesión vermut coa Banda Municipal de Música. Unha pausa para comer e tras a sobremesa, ás 15:30 horas, procesión de chimpibuses amenizada por Os veraneantes.
E ás 16:15 horas comezan as proxeccións nas salas dos cortos a concurso e do Jalpón Friki. Ás 17:30 horas presentación de ‘Naturalide Silvertre’ coa actuación de Roger de Flor en el Jaliñeiro Unplugged; as 18:30 horas os arquitectos Creus e Carrasco dan a súa visión de Cans na sala multiusos e as estradas de Cans acollerán unha sesión de Rock’n’Road co concerto de Baldosa Amarilla.
Ás 19 horas será Luis Tosar o que deixe o seu nome no Torreiro das Estrelas. Despois, ás 19:30 horas, concerto de Los Chavales e, unha hora despois, retomaranse as proxeccións, Juan Lesta e Belén Montero presentarán ‘Iconoscopio’ na sala multiusos e Santos Morcegos protagonizarán unha nova sesión de rock’n’road.
Se aínda che quedan forzas, ás 21:15 horas Iván Ferreiro presenta o proxecto audiovisual ‘Picnic extraterrestre. La serie’ e ás 22 horas presentarase ‘La habitación de Felucas’ na sala multiusos e Sr. Anido actuará no Jaliñeiro Unplugged, ademais do reestreno de ‘Naipe de sangue’ no Jalpón Friki.
E tras unha emocionanteemtrega de premios no Torreiro, ás 00:00 horas Luis Tosar collerá o micro para… cantar! Será co seu grupo The Ellas, co que fixo un oco na súa apretada axenda para presentar no festival un adelanto do que será o segundo disco da banda. E non é para menos, xa que Tosar é un incondicional do festival de Cans e gañador do primeiro Pedigree, en 2004.
O fin de festa, sesión Disco-Chimpín a partir das 01:30 horas con Rober Bodegas. E ata o vindeiro ano!