É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másCatro equipos galegos entre os 10 primeiros na Regata Nacional de 200 metros de piragüismo
O piragüismo galego está en plena forma e amosouno xogando en casa. A Regata Nacional de 200 metros celebrada no encoro de Pontillón do Castro (Verducido) e puntuable para a Liga de Pista Olímpica “Hernando Calleja” acabou con catro equipos entre os dez primeiros postos na clasificación xeral por clubes, dous deles como campión e subcampión.
O primeiro e segundo posto conseguirono o Kayak Tudense e As Torres de Catoira, mentres que o Breogán do Grove proclamouse quinto e o Náutico O Firrete oitavo. Por iso, numerosos padexeiros galegos conseguiron subirse ao podio. E se fixeron cos primeiros postos das súas categorías Alejandro Conde Ordóñez do Unión Boiro Rianxo (Home Xuvenil C-1); Tania Fernández García do Fluvial de Lugo (Muller Xuvenil K-1); Noelia Suárez Ogando do Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra (Muller Xuvenil C-1); André Oliveira do Náutico Firrete (Home Senior C-1); Teresa Portela do Club de Mar ría de Aldán- Hermanos Gandón (Muller Senior K-1); Antonio Manuel Lobato e Diego Miguens, de As Torres (Home Xuvenil C-2); Valeria Romero e Carla Pérez do Kayak Tudense (Muller Xuvenil K-2); Yery Picallo e André Oliveira do Náutico O Firrete (Home Senior C-2); Silvia Rodríguez, Valeria Romero, Carla Pérez e Paula Castro do Kayak Tudense (Muller Xuvenil K-4); Rodrigo Tiebo, Carlos Pérez, Rodrigo Germade e Roberto Abal de Piragüismo Aldán (Home Senior K-4); Cristian Ribademar, Damián Ramos, Jacobo Domínguez, Sami Grigore do Breogán do Grove (Home Senior C-4); Marco Varela, Héctor Outeda, Álvaro Bravo, Jaime Dobarro do Breogán do Grove (Home Senior K-4.
Esta cita dos 200 metros é a proba que determina os ránkings das categorías Junior e Sub-23, así como a clasificación para o Campionato de España de Pista, que se celebra os días 28 e 29 de agosto.