Era o ano 1967 cando o último domingo do mes de maio un grupo de amigos afeccionados á pesca vendo a cantidade de troitas que había nos ríos do concello deciden por en marcha unha festa que chega xa á súa 44 edición. Hoxe máis de 600 persoas quixeron arropar a este peixe na presentación da Festa da Troita de Ponte Caldelas, declarada de interés turístico e que terá lugar o vindeiro 29 e 30 de maio.
E un ano máis, ademáis de encher o bandullo, os participantes porán o seu graniño de area á sostenibilidade e no cuidado do medio ambiente. Por iso, no stand de degustación da Alameda poderán recollerse pratos, manteles e servilletas de materiais que favorezan a súa posterior conversión en compós xunto cos residuos orgánicos procedentes da degustación das troitas. Por outra banda, tamén se empreará alumeado de baixo consumo que o ano pasado xa supuxo un aforro de 2.000 euros para o concello na factura da electricidade.
A degustación popular das troitas, que manterá o prezo de 3 euros de anos anteriores para o peixe, pan, viño e taza conmemorativa de barro de agasallo, terá lugar o día 29 de 19 a 22 horas e o día 30 de 12 a 14:30 e de 19 a 21 horas. Na parte lúdica non faltará a verbena e actuación de baile rexional, o festival folclórico ou o tradicional concurso de pesca. Pero non te perdas detalle do programa premendo aquí.