Autoorganización contra o capitalismo nos barrios, construindo autoxestión e solidariedade contra o desemprego e a miseria. Ese é a máxima da Federación de Organizaciones de Base de Arxentina, que hoxe contarán a súa experiencia a partir das 20:30 horas no CSA ‘Cova dos Ratos’ (Romil, 3). Unha charla a cargo de Aníbal Spindola, membro desta coordinadora independente de partidos e ONG’s que engloba tanto organizacións como persoas desocupadas ou traballadoras que centran a súa labor nos barrios marxinados promovendo cooperativas, talleres de formación, comedores…
A charla está organizada por AC Caleidoskopio, por GAS e pola Oficina de Dereitos Sociais de Coia. Non a perdas.