Os 15 traballadores de Marinships iniciaron hoxe as protestas polo Expediente de Regulación de Emprego proposto pola empresa para 10 compañeiros despois de terse declarado en suspensión de pagos. Esta tarde, os traballadores concentráronse ás portas de Tecnisa, compañía que forma parte do mesmo grupo e que tamén podería verse ameazada polos impagos de Factoría Naval de Marín, onde recibiron o apoio dos seus compañeiros.
Deste xeito, forzaron unha reunión entre o comité de empresa e a dirección na que se abordou a posibilidade de incrementar as indemnizacións dos operarios despedidos e o futuro dos 5 compañeiros sobre os que non pesa o ERE. Os propietarios convocarán de novo aos representantes dos empregados nos vindeiros días para seguir falando do tema nun momento polo que as auxiliares do naval pasan por momentos críticos.
A entrada en concurso de acreedores de Factoría Naval de Marín débeseao impago que mantén coas auxiliares. O estaleiro chegou a empregar ata un millar de persoas, aínda que agora non ten en plantilla nin 500. E Marinships sinala aos 1,2 millóns de euros que lle debe e á falta de traballo a decisión de facer un ERE que afecta ao 66 por cento dos seus traballadores.
As protestas continuarán mañá diante las instalacións de Vigotrónica na Avenida de Beiramar ás 16.30 horas. Mentre, o xoves levarán as súas reivindicacións ao estaleiro Armón de Vigo, onde se concentra actualmente a maior parte da súa actividade.