Máis de douscentos representantes do sindicato Comisións Obreiras da Comarca de Vigo debaten dende as 10 da mañán no antigo Rectorado, as medidas propostas polo Goberno e a patronal na negociación que manteñen, xunto con UGT, para a reforma laboral.
A dirección comarcal do sindicato presentará a postura estatal do mesmo fronte aos recortes anunciados polo ejecutivo de Zapatero, que van ser contestadós na rúa o vindeiro día 8, e os plantexamentos para flexibilizar o mercado de traballo.A proposta do Goberno de reducir a indemnización por despido a 33 días por ano de traballo, o cambio dos contratos temporais, e as medidas que demanda a CEOE, que pasan por abaratar o custo das regulaciones de emprego, centrarán as discusións.
Hoxe coñeceuse que o Ministerio de Traballo levará ao Consello de Ministros do día 13 un borrador de proxecto de lei, que será tramitado no Congreso coma Real Decreto, no que asume, unilateralmente ,a reforma laboral ante o “máis que difícil acordo” entre os empresarios e os secretarios xerais de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, e de UGT, Cándido Méndez.
Se finalmente é o Goberno quen aproba as devanditas medidas, as centrais xa anunciaron que non desvotan a convocatoria dunha folga xeral os próximos meses, un plantexamento que secunda a dirección comarcal de Comisións Obreiras de Vigo.