Se tes máis de 65 anos, tempo libre e inquedanzas artísticas, ti eres a persoa que está a buscar a Fundación Laxeiro. O museo acaba de por en marcha o voluntariado da terceira idade para impulsar as visitas guiadas á colección permanente. Todo para “rematar coa sensación de inactividade” que habitualmente teñen as persoas maiores e aproveitar a súa experiencia para conseguir que as visitas á Fundación permitan afondar no coñecemento de Laxeiro do xeito máis ameno.
No Concello máis de 600 voluntarios que fan os traballos máis diversos. E a creación do voluntariado da terceira idade busca a implicación dos maiores, aínda que non suple o servizo dos guías culturais, e busca dinamizar a exposición permanente, que conta coas obras máis representativas de Laxeiro que polas que xa pasaron máis de 15.000 estudantes desde 2003.
Para participar nos percorridos, que poderán facerse calquera día da semana, os interesados só terán que poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro chamando ao 986 438 475 ou enviando un correo electrónico a [email protected].