_agenda Agenda

O domingo, vai ao museo… Landriña invita

Os ‘Domingos de museo’ para as familias invítate este a que pases polo Museo Quiñones de León para disfrutar do obradoiro ‘O xogo da abstracción’, un taller gratuito para nenos de entre 4 e 12 anos co que coñecer o Museo da Cidade a un grupo de ata 25 persoas sen necesidade de facer reserva. Os familiares que acompañan aos cativos poden participar con eles na actividade ou deixalos ao coidado dos educadores.

A mascota do museo, Landriña, levará aos participantes este domingo a coñecer o que se denomina abstracción mediante un paseo polo centro no que se comprobará se é posible contar algo a través das formas e das cores. O obradoiro terminará coa creación dun cadro de dúas caras, unha figurativa e outra abstracta. A actividade será de 11:30 a 13:30 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.