Os novos valores artísticos de Vigo e de fóra teñen agora a sús oportunidade de amosar o que saben facer cun pincel no concurso de pintura que acaba de convocar o Concello de Vigo para persoas de entre 16 e 35 anos. Un primeiro premio de 6.000 euros e numerosos accesits que elixirá un xurado presidido por Antonio Quesada para as obras entre 90×90 e 165×165 en calquera material, agás vidro, calquera técnica e de temática libre.
Se estás interesado tes ata o 13 de agosto para inscribirte, a listaxe definitiva farase pública o 27 de agosto, e do 3 ao 5 de setembro terá lugar unha exposición coas obras seleccionadas.