En total, 31 deportistas españois, 9 de eles galegos, participarán na Copa de Europa Premium que se celebra este sábado 12 en Pontevedra. A selección española chega mañá á cidade do Lérez coa incorporación de última hora do porriñés Borja Conde tras a baixa de Neus Cayla.
Na carreira feminina, que comezará ás 16 horas, participarán 10 triatletas españolas, tres de elas galegas (Aída Valiño, Saleta Castro e Estefanía Domínguez). Mentres, na proba masculina participarán 21 deportistas españois, 6 de eles da selección galega (Javi Gómez Noya, Óscar Vicente, Jesús Gomar, Antón Ruanova, Uxío Abuín e Borja Conde).
Pontevedra, vallada
Preto de 600 vallas xa foron colocadas en todo o percorrido no que se efectuarán as probas da Copa de triatlón. Os coches que xa estiveran estacionados na zona serán trasladados a outro lugar pola policía local, sen embargo, se non figuran na lista tomada polos axentes serán trasladados por guindastre municipal cunha multa duns 280 euros.
Se queres máis información podes consultar a web do Concello, onde aparece recollido todo o operativo de tráfico e os planos dos sectores afectados pola Copa de Triatlón.