As festas patronais de Mos continúan hoxe despois de tres xornadas para quendar motores, como a ‘Festa da Empanada de Millo’ que se celebrou a pasada fin de semana en Sanguiñeda. Hoxe, a ‘Festa da Rosa’ chega con dobre sesión: música e motor.
Mos faise motorista coa IV Concentración Motorurística A Rosa-Ruta Xacobea, organizada polo motoclube ‘Aloloko’ e que durará ata o vindeiro domingo 13 de xuño con actividades para todos os que se queiran achegar, como un show acrobático a cargo dun piloto catalán mañá ou unha ruta en moto polo tramo portugués do Camiño de Santiago que transcorre pola vila.
A festa continúa no Torroso a partir das 22:30 horas coa actuación en concerto do grupo ‘Turre’s Band’.
Xa o domingo a partir das 10 horas abrirá as súas portas a exposición de parroquias en Petelos e a presentación dos ramos. Ás 12 horas é a quenda dos actos litúrxicos cunha misa solemne cantada para ás 12:45 h oficiar o pregón e ás 13 horas fallar os concursos que se veñen celebrando. Ás 13:30 h a Banda de Música Xuvenil Torroso ofrecerá un concerto e unha hora máis tarde comezará a comida veciñal en Tameiga.
Moito máis
Pero a festa non termina esta fin de semana. O luns é o día dos pequenos, con hinchables, obradoiros e festa da escuma no Pabellón Óscar Pereiro de Peteños durante todo o día. Ás 21 horas o Multiusos das Pozas de Petelos acollerá a actuación de ilusionismo ‘Show Pedro Volta Magic’.
O venres 18 é o día da representación teatral ‘O gordo e o calvo van ao médico’ (22:30 h) e o sábado do ‘II Encontro de Palilleiras’ a partir das 17 horas en Tameiga. O domingo 26 terminarán os festexos coa Muiñada en Dornelas con cantereiras incluidas.