Aínda faltan catro meses, pero Stockaxe xa ten o seu espacio reservado no Ifevi. Este mes de outubro, os días 16 e 17, celebrarase a terceira edición da Feira de Liquidación de Stocks con 9.000 metros cadrados de exposición, 2.000 máis que o ano pasado, e cun obxectivo claro: acadar os 30.000 visitantes e superar o millón de euros de negocio que se fixo na última edición.
Un balón de osíxeno para o pequeno comercio en tempos de crise, polo que máis da metade dos participantes xa fixeron as súas reservas para amosar unha ampla gama de moda de home, muller e nenos; zapatos e complementos; decoración; enxoval e produtos informáticos. Ademais, para facilitar as compras, haberá un servizo de gardería, espacio infantil e menús familiares.