Vigo al minuto

Rematou o tanto monta, monta tanto, para os gatos vigueses

GatosHoxe, asínouse un convenio de colaboración entre o Concello, a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, o Colexio Oficial de Veterinarios e a Sociedade Protetora de Animais e Prantas de Vigo co obxectivo de controlar o número de gatos rueiros da cidade mediante a elaboración, en primeiro lugar, dun censo da colonia existente, que estímase superior aos 3.000 ejemplares, para logo capturar a machos, esterilizar e soltalos no lugar inicial. A finalidade é evitar a reproducción e as molestias xeradas polos gatos en celo. Esta medida emprégase con éxito nas grandes cidades españolas.

Segundo estipula o texto do convenio asinado hoxe, o Colexio de Biólogos e a Universidade seleccionarán aos profesionais e alumnos voluntarios para o estudo e seguemento das colonias; os veterinarios disporán aos responsables da esterilización e a protectora coordina as accións.

O Concello, pola súa banda, ordea as directrices de actuación atendendo aos criterios profesionais e proporciona as instalacións axeitadas nas que realizar as esterilizacións. Neste senso, a edil de Medioambiente, Chus Lago, lembrou que o seu departamento leva destinado 400.000 € á mellora da protectora municipal, cartos nos que se inclúe tamén o incremento da partida destinada á Sociedade Protetora de Animais e Prantas de Vigo, que agora percibe polo seu traballo 96.000 € anuais.

También te puede interesar