Vigo al minuto

O martes inaugúrase o auditorio…do Concello

AuditorioO remodelado Auditorio Municipal se inaugurará o vindeiro martes, 22 de xuño, cun espectáculo de danza a cargo do compañía de Quique Peón, e a partir desa data acollerá unha programación municipal estable das artes escénicas.

Entres as principais remodelacións que se fixeron, destacan a colocación das butacas en grada, de forma que se garante a visibilidade dende todo o aforo e superando así unha das principais deficiencias que presentaba para o público, ampliouse o escenario, melloráronse os equipamientos escénico e técnico, coa apertura dun novo acceso dende a Praza do Rei, a construcción de taquillas, camerinos, aseos e renovación do mobiliario.

A intención do goberno local é que, ademáis de ser un elemento dinamizador dos grupos artísticos da Zidane, permitirá acoller outro tipo de actos, sexan ou non culturais, como os organizados por asociacións, colexios ou outros colectivos de Vigo.

A concellería de Cultura, a través da páxina www.vigocultura.org ofrece a posibilidade a calquera persoa de aportar as súas suxestións sobre o nome que levará o auditorio, coñecer a programación e adquirir as entradas para os diferentes espectáculos, ademais de na taquilla do recinto.

A programación que acollerá o Auditorio Municipal, que aínda non está totalmente pechada, abarcará todas as artes escénicas, dende música a teatro e danza, estará destinada a todos os públicos e que se organizará seguindo unhas liñas básicas: os luns estarán adicados ao cine, mantendo o traballo de colaboración co Club Lumière. Os xoves adicaranse á música, en todos os seus xéneros, pero máis especialmente á bolsa de concertistas e aos pequenos grupos de música da cidade, coma a da Orquestra Vigo 430 e o Coro Cidade de Vigo, creado recentemente.

Os venres adicaranse ao teatro de adultos, tanto de Galicia como de fóra de Galicia“; os domingos estarán adicados á programación infantil, tanto ao teatro como á maxia, e os sábados, aínda que en xeral se representarán obras teatrais, permanecerá aberto a outros espectáculos, o mesmo que os martes e os mércores, nos que se poderán programar danza, presentacións de discos ou conferencias, entre outros actos.

Respecto ao espectáculo programado para o martes 22 de xuño ás 20.30 horas, será coa compañía de danza de Quique Peón, formada no 2008. A asistencia será gratuíta mediante invitación, que se poderá recoller na taquilla do Auditorio o luns e o martes de 18 a 20 horas.

También te puede interesar