Antes de comer unha boa sardiñada e de saltar sobre as fogueiras de San Xoán, nada millor que abrir boca participando na XXVII Carreira Nocturna que sae o vindeiro 23 de xuño ás 21:15 horas dende a Praza do Rei. Unha carreira incluida no circuito de Carreiras Populares que percorrerá Camelias, Romil, López Mora, Coruña, Tomás Alonso e Beiramar. Os participantes están invitados a participar na sardiñada que se fará ao remate na Praza do Berbés.
A proba acollerá catro categorías: A (de 14 a 18 anos), B (de 19 a 35 anos), C (de 36 a 45 anos) e D (de 46 anos en adiante). Todos os atletas participarán con dorsais e chip que se entregarán a partir das 19 horas ese mesmo día na lonxa do Concello. Os tres primeiros clasificados en cada categoría levarán trofeo, aínda que tamén se sortearán agasallos entre todos os participantes.
Se queres participar inscríbete a través de Internet ou en Deportes Athletics (avenida de Balaídos, 41) antes do 21 de xuño. Xa hai 190 inscripcións formalizadas, aínda que se esperan superar os 300 participantes que competiron o ano pasado.