Hoxe o tempo acompañará, non como na última edición. Preto de 500 persoas tomarán a saída ás 10:30 horas na ‘III Carreira Popular Vila de Redondela’, unha marcha de 6 quilómetros coa que percorrer as principais rúas do centro da vila para continuar despois cara a praia de Cesantes, onde os corredores darán a volta para regresar e atravesar a meta no punto de orixe.
Organizada pola Piscina Municipal e pola concellería de Deportes, nesta edición conseguiuse duplicar o número de participantes, xa que na última edición repartíronse preto de 250 dorsais. Haberá premios para os primeiros clasificados de cada categoría e agasallos para todos os participantes.