O goberno local aprobou hoxe un convenio de colaboración coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPA), polo que o Concello subvenciona con 476.000 euros o funcionamento da entidade, as actividades extraescolares que organiza e a prestación de servizos de comedores de ensino público de infantil e primaria.
O alcalde recordou que, ante a crise, o Concello dará as bolsas de comedor que sexan precisas. Caballero sinalou que “non hai límite” á concesión de bolsas municipais de comedor para os escolares que o teñan solicitado, e “non se quedará ningún alumno” sen a súa subvención independentemente do número que as soliciten.