O alcalde asinou coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE-Vigo), a Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra (APE), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Comisións Obreiras de Vigo (CC.OO.), a Unión Xeral de Traballadores de Vigo (UXT) e a Conferencia Intersindical Galega da cidade (CIG) o Pacto Local polo Emprego, un acordo dirixido a “fortalecer” o traballo na cidade.
Este traballo de case 18 meses nace coa finalidade de fomentar a ocupación, identificar posibles liñas de negocio que xeren actividade, promover o autoemprego e iniciar accións para o acceso laboral dos colectivos de difícil inserción.
Abel Caballerro asegurou que o Concello manterá os niveis de investimento público que está a desempeñarse ata o de agora para xerar desde a administración pública postos de traballo nesta época de crise e salientou que o Concello ten en marcha obras no rural, as derivadas do novo Fondo Estatal do Goberno de España e mañá martes o Pleno aprobará o Plan Económico Financeiro municipal adaptado ao decreto de reducción de déficit, que posibilitará ao goberno local realizar investimentos propios por valor de 40 millóns de euros.