
Ademais desta liña de reforzo, ficarán activas as liñas nocturnas habituais N1 e N2 que farán o seu percorrido habitual ampliando a frecuencia de paso en 15 minutos. O servizo manterá esta frecuencia durante toda a noite ata a derradeira saída de Samil ás 06:45 horas de mañán. Trátase dunha iniciativa que Vitrasa ven desenvolvendo durante os últimos cinco anos para que os vigueses poidan disfrutar desta noite. Durante o ano pasado, máis de 3.520 vigueses empregaron o autobús durante a Noite de San Xoán.