Destacados Vigo al minuto

Esta noite tes 18 fogueiras donde elixir

sanxoanA Concellería de Seguridade autorizou 18 solicitudes para organizar fogueiras nesta noite de San Xoán dun total de 20 que solicitaron permiso. As previstas na Avenida do Aeroporto e na Espedrigada foron denegadas ao non cumprir os requisitos legais estipulados.O servizo municipal de Bombeiros  leva varios días estudiando e inspeccionando as solicitudes antes de validalas, para garantir a máxima seguridade da cidadanía.
 
 Tras esta labor, o Concello procedeu a autorizar as que se localizarán no Monte da Mina, na Explanada exterior do CM Outeiro, Freixo San Xoán de Valadares, Avenida Santa Marina, Alameda de Matamá, Torreiro da AAVV A nosa Terra, finca anexa ao centro da AAVV San Mamede de Zamáns, Coruxo, Devesa-Candeán, AAVV San Xurxo, AAVV Val do Fragoso, Aero Club de Vigo, Centro Socio, a da Sociedade C. Nautilus, a dos Hermanos Misioneros dos Hermanos Pobres, a da AAVV As Fontes, a da Praza do Berbés e a da AAVV Dr José Casas de Bouzas.

Segundo recolle o bando municipal, as fogueiras debían estar rematadas dous días antes da queima, para que o servizo de bombeiros poidera levar a cabo a inspección e control das mesmas e cerciorarse de que se cumpre coa normativa municipal.

O volume do material combustible das fogueiras non pode superar os 8 metros de diámetro nin os tres metros de altura. Igualmente, a separación destas cos elementros urbanos (árbores, edificios, etc) debe ser dun mínimo de 12 metros, coidando especialmente a proximidade con elementos combustibles, parques forestais e tendidos eléctricos.

O Concello tamén prohibe o emprego de materiais para queima que desprendan fumes tóxicos, líquidos inflamábiles ou sprais. Para protexer o patrimonio arquitectónico e paisaxístico, Seguridade non autorizará fogueiras en praias ou nas cercanías a edificios catalogados.

Ademáis os solicitantes deben subscribir un seguro de responsabilidade civil e encargarse de que as fogueiras non danen o pavimento, para o que este protexerase cunha capa de area de 10 centímetros. O pasado ano as solicitudes ascenderon a 21 das que 17 cumpriron todos os requisitos.

También te puede interesar