Por primeira vez, Vigo acolle o Campionato de España por Autonomías de Atletismos que durante todo o sábado reunirá nunhas pistas de Balaídos remodeladas aos atletas de máis alto nivel. E o campionato contará coa presenza de seis galegos: Pedro Nimo, Manuel Penas e Gustavo Dacal na categoría masculina e Catuxa Casal, Sara Portabales e Sandra Mosquera na feminina.
No certame participarán as oito mellores seleccións absolutas, onde a galega ten solvencia suficiente para non pasar apuros e conseguir algún bo resultado.