Non só en San Xoán sáese a pasear. Este venres, como despedida da tempada, o grupo de senderismo da asociación O Coto proponche unha peque-ruta un tanto atípica: unha longa camiñata baixo a lúa chea nunha ruta nocturna polos montes de San Miguel de Oia. A cita será ás 22 horas no Colexio Público Carballal.
Xa máis á noitiña, o percorrido deixará unhas fermosas vistas da ría de Vigo e das Illas Cíes, co atractivo engadido de camiñar cando ninguén o fai, sen a calor abafante destes días. Eso sí, non esquenzas traer unha linterna.
Se queres máis información, chama aos teléfonos 986 487 957 ou 676 524 529. Disfruta da noite!