Era a primeira vez que se podían presentar ata a catro materias para subir nota e só lles contaba as dúas máis altas. Tamén a primeira vez que era posible sacar un 14 sobre 10, sobre todo pensando naqueles que queren facer unha carreira cunha nota de corte alta. E ao final o 88,8 por cento deles aprobou as Probas de Acceso á Universidade.
Dos 9.161 matriculados, presentáronse ás probas 9.123. Na fase xeral estiveron presentes 8.905 e, deles, 7.904 pararon os exames. Unha nota: 285 conseguiron máis dun 9 na fase xeral. Consulta aquí se está o teu nome.